Un cercano pase xunto a Dione, lúa de Saturno

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA

Explicación: que é o que pasa preto de Dione? Ao facer o seu paso máis de preto á lúa de Saturno Dione a finais do pasado ano, a sonda robótica Cassini tirou esta fotografía de gran alcance con Dione, os aneis de Saturno e as dúas pequenas lúas Epimeteo e Prometeo. A imaxe superior captura parte da superficie, branca como a neve e inzada de cráteres, de Dione, con 1.100 quilómetros de ancho, os delgados aneis de Saturno e a máis pequena lúa Epimetheus, en comparación máis escura. A imaxe foi tirada cando Cassini se atopaba só a uns 100.000 kilómetros da gran lúa xeada. Os acontecementos futuros da continuada exploración de Saturno por parte de Cassini inclúen un seguinte voo sobre Titán e imaxes da distante Terra pasando por detrás de Saturno en xuño.

Texto orixinal no APOD.