Unha eclipse parcial sobre a baía de Manila

Crédito e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)

Explicación: que ocorreu no solpor? Unha eclipse! A principios de 2009 a Lúa eclipsou parte do Sol, tal e como se ollou dende algunhas partes de África, Australia, e Asia. En concreto, a imaxe de enriba, tomada dende o peirao de Mall of Asia, capturou un Sol parcialmente eclipsado sobre a baía de Manila, nas Filipinas. As siluetas dos embarcadoiros son visibles no primeiro plano. Os cazadores de eclipses e os entusiastas do ceo ben situados tomaron moitas outras imaxes interesantes e artísticas da única eclipse solar anelar do ano, incluíndo películas, formacións de sombras da eclipse e anéis de lume. Hoxe, algunhas partes do Sol serán tapadas durante uns intres pola Lúa, novamente visible para algúns como unha eclipse parcial no solpor. Un pequeno sendeiro na terra verase exposto ao inusual efecto do anel de lume cando a Lúa estea completamente rodeada polo brillante resplandor dun Sol un pouco máis grande.

Texto orixinal no APOD.