Eclipse anelar de Sol

Créditos da imaxe e copyright: Mikael Svalgaard

Explicación: mañán 20 de maio a sombra da Lúa vai percorrer o planeta Terra. Os observadores dentro do carreiro de 240-300 kilómetros de ancho poderán ser quen de testemuñar unha eclipse solar anelar, xa que o tamaño aparente da Lúa é neste intre demasiado pequeno como para cubrir o Sol completamente. Dirixíndose cara o leste por un periodo de 3,5 horas, o camiño da sombra comezará no sur de China, atravesará o Pacífico norte, chegando así a América do norte, cruzando a costa oeste dos Estados Unidos polo sur de Oregón e o norte de California. Ao longo da ruta os residentes de Toquio atoparanse a 10 kilómetros ao norte da liña central do percorrido. Por suposto, un poderá ser visible un eclipse parcial dende unha área moito máis grande en Norteamérica, o Pacífico e Asia oriental. Esta imaxe telescópica, filtrada con seguridade, foi tomada durante o eclipse anelar do 15 de xaneiro de 2010 dende a cidade de Kanyakumari, no extremo sur da India.

Texto orixinal no APOD.