GALEX: a galaxia Andrómeda


Créditos: GALEX, JPL-CaltechNASA
Explicación: a tan só 2,5 millóns de anos luz de distancia, a Galaxia Andrómeda está realmente xusto á beira no camiño das grandes galaxias. Tan preto e abarcando uns 260.000 anos luz, ao telescopio do satélite Explorador de Evolución Galáctica (GALEX – Galaxy Evolution Explorer) costoulle 11 campos diferentes de imaxes producir este marabilloso retrato da galaxia espiral en luz ultravioleta. Mentres os seus brazos espirais destacan nas imaxes de luz visible de Andrómeda (tamén coñecida como  M31), os brazos parécense máis a aneis na visión ultravioleta do GALEX, dominados por estrelas masivas, novas e quentes. Os aneis, como lugares de intensa formación estelar, interpretáronse como evidencia de que Andrómeda colisionou coa súa veciña e máis pequena galaxia elíptica M32 hai máis de 200 millóns de anos. A gran galaxia Andrómeda  e a nosa propia Vía Láctea son os integrantes que dominan o grupo local de galaxias.
Texto orixinal no APOD.