Créditos: ESA/PACS/SPIRE/ Martin Hennemann e Frédérique Motte,
Laboratoire AIM Paris-Saclay, CEA/Irfu – CNRS/INSU – Univ. Paris Diderot, FranciaExplicación: a
imaxe en infravermellos de Cygnus X do Observatorio Espacial Herschel abarca uns 6 x 2 graos dunha das resións de formación estelar máis masiva e máis achegada no plano da nosa galaxia da Vía Láctea. De feito, a rica gardería estelar xa alberga o cúmulo masivo de estrelas coñecido coma
asociación Cygnus OB2. Pero esas estrelas son más evidentes pola rexión
aclarada polos seus potentes radiación e ventos preto da parte central do fondo deste campo, e que non son detectados polos instrumentos do Herschel que funcionan en
lonxitudes de onda do infravermello afastado. O Herschel desvela os complexos filamentos de gas frío e po da rexión que conducen
a localizacións densas nas que novas estrelas masivas se están a formar.
Cygnus X atópase a uns 4.500 anos luz de distancia cara o corazón da constelación setentrional do Cisne. Á distancia desta imaxe tería casi uns 500 anos luz de anchura.
Texto orixinal no APOD.