Formación de estrelas na Nebulosa da Tarántula


Créditos da imaxe: NASAESAESOD. Lennon (ESA/STScI) et al. e o Hubble Heritage Team (STScI/AURA)
Explicación: a rexión de formación estelar máis grande e violenta coñecida en todo o Grupo Local de galaxias atópase na nosa veciña galaxia da Gran Nube de Magallanes (LMC). Se a Nebulosa da Tarántula estivese á distancia da Nebulosa de Orión, unha rexión local de formación estelar, ocuparía completamente a metade do ceo. Denominada tamén 30 Doradus, o gas rosa e vermello indica unha nebulosa de emisión masiva, aínda que tamén se atopan aí remanentes de supernovas e nebulosas escuras. O brillante nó de estrelas á esquerda do centro denomínase R136 e contén moitas das estrelas máis brillantes, máis masivas e máis quentes coñecidas. A imaxe superior é un dos mosaicos máis grandes nunca antes creado mediante observacións do Telescopio Espacial Hubble e desvelaron cun detalle sen precedentes esta enigmática rexión de formación estelar. A imaxe publícase para celebrar o aniversario 22º do lanzamento do Hubble.
Texto orixinal no APOD.