Créditos da ilustración e copyright: Jack Cook, Woods Hole Oceanographic Institution, Howard Perlman, USGSExplicación: que cantidade do planeta Terra está feita de auga? Moi pouca, realmente. Aínda que os
océanos de auga cobren un 70 por cento da superficie da Terra, estes océanos son
pouco fondos comparados co radio da Terra. A
ilustración superior amosa que pasaría se toda
a auga que está enriba ou preto da superficie da Terra fose amoreada dentro dunha
bóla. O radio desta bóla sería só duns 700 quilómetros, menos que a metade do radio da
Lúa terrestre, pero lixeiramente máis grande que a lúa de Saturno
Rhea que, coma moitas lúas do noso Sistema Solar exterior, é na súa maior parte xeo de auga. Canta desta
auga comezou a existir
na Terra e se algunha cantidade significativa está
atrapada moi
por baixo da superficie da Terra continúa a ser materia de investigación.
Texto orixinal no APOD.