A galaxia NGC 1672 dende o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, equipo do Hubble Heritage (STScI/AURA) Hubble Heritage (STScI/AURA); agradecementos: L. Jenkins (GSFC/U. Leicester)

Explicación: moitas galaxias en espiral teñen barras cruzando os seus centros. Pénsase incluso que a nosa propia galaxia Vía Láctea ten unha modesta barra central. A galaxia espiral NGC 1672, barrada dun xeito extraordinario e ilustrada enriba, foi capturada con un detalle espectacular dende o Hubble Space Telescope en órbita. Poden ollarse as escuras corredoiras de poeira filamentosas, os xoves cúmulos das brillantes estrelas azuis, as nebulosas de emisión azuis de gas hidróxeno incandescente, unha grande e brillante barra de estrelas cruzando o centro e un brillante núcleo activo que alberga probablemente un burato negro supermasivo. A luz tarda preto de 60 millóns de anos en chegar ata nós desde NGC 1672, que abrangue preto de 75.000 anos luz. A NGC 1672, que aparece cara a constelación do Delfín Dorado (Dorado), está sendo estudada para descubrir como unha barra espiral contribúe á formación das estrelas nas rexións interiores da galaxia.

Texto orixinal no APOD.