O cúmulo de galaxias de Hydra

Créditos da imaxe e copyright: Angus Lau

Explicación: hai dúas estrelas na nosa galaxia Vía Láctea ancoradas no primeiro plano desta cósmica instantánea. Máis alá atópanse as galaxias do cúmulo de Hydra. De feito, mentres que as puntiagudas estrelas do primeiro plano atópanse a centos de anos luz de distancia o cúmulo de Hydra está a máis de 100 millóns de anos luz. A galaxias dominantes son as tres grandes preto do centro, dúas elípticas de cor amarelo (NGC 3311, NGC 3309) e unha espiral destacada en azul (NGC 3312), cada unha delas de 150.000 anos luz de diámetro. Unha intrigante parella de galaxias superpostas catalogadas como NGC 3314 is just atópanse xusto enriba e á esquerda de NGC 3312. Coñecida tamén como Abell 1060, o cúmulo galáctico de Hydra é un dos tres grandes cúmulos que se atopan dentro dos 200 millóns de anos luz de distancia á Vía Láctea. No universo cercano, as galaxias están unidas gravitacionalmente en grupos que á súa vez están lixeiramente unidas en supercúmulos que outra vez semellan alinearse en escalas máis grandes. A unha distancia de 100 millóns de anos luz, esta imaxe ten uns 1,3 millóns de anos luz de diámetro.
Texto orixinal no APOD.