Sol contra superlúa

Créditos da imaxe e copyright: Charlie Szabototh
Explicación: a superlúa gaña, só por un pouquiño, cando se compara o seu tamaño aparente co do Sol nesta enxeñosa imaxe composta. Para facela, fotografouse a Lúa Chea do 6 de maio coa mesma cámara e telescopio usados para fotografar o Sol (cun denso filtro solar!) ao día seguinte. Por suposto, o 6 de maio a Lúa estaba no perixeo, o punto máis achegado á Terra da súa órbita eclíptica, convertíndose na meirande Lúa Chea de 2012. Dúas semanas máis tarde, o 20 de maio, a Lúa estará preto do apoxeo, o punto máis afastado na súa órbita, polo que entón estará preto do seu tamaño aparente máis pequeno. Tamén será, nesa data, unha escura Lúa Nova. E para algúns a Lúa Nova será, de forma abraiante, comparable facilmente co Sol, xa que o 20 de maio a primeira eclipse solar de 2012 poderá vferse desde gran parte de Asia, o Pacífico e Norteamérica. Ao longo dun camiño de 240 a 300 quilómetros de ancho, a eclipse será anular. Preto do apoxeo a Lúa máis pequena perfilada encaixará xusto dentro do brillante disco solar.
Texto orixinal no APOD.