Flash verde e superlúa


Créditos da imaxe e copyright: Laurent Laveder (PixHeaven.net / TWAN)
Explicación: realmente non se trataba de superheroes mentres o 6 de maio se promocionaba tanto a superlúa, a Lúa Chea máis grande de 2012, erguéndose por riba deste porto, polo demais, apracible. E tampouco había superviláns presentes mentres os botes abalaban suavemente nos seus amarres preto do faro axadrezado de La Perdrix na costa da Bretaña (Francia). Pero a saída da superlúa foi precedida por un resplandor verde, captado no primeiro fotograma deste vídeo en timelapse gravado esa noite. A imaxe recortada do cadro, una exposición longa de dous segundos, amosa un brillo moi colorido á esquerda da boia iluminada preto do centro da imaxe. Mentres se gozaba da superlúa en localidades ao redor do mundo, as circunstancias que produciron o resplandor verde eran máis restrictivas. Os raios verdes tanto para o Sol como para a Lúa son provocados pola refracción atmosférica realzada por liñas de visión baixas e longas, e fortes gradientes de temperatura atmosférica a miúdo favorecidos por un horizonte mariño.
Texto orixinal no APOD.