O transbordador Enterprise sobre Nova York

Créditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls
Explicación: que é iso do fondo? Dúas iconas famosas da cidade de Nova York fican erguidos na foto superior tirada a semana pasada. Á esquerda érguese impoñente a Estatua da Liberdade, un símbolo universal da liberdade, mentres á dereita álzase o Empire State Building, agora o segundo edificio máis alto da cidade. Aínda que, o que é único por unha soa vez na vida dun fotógrafo, é a terceira icona que aparece á esquerda da Dama Liberdade. Alto no aire e lonxe no fondo voa o transbordador espacial Enterprise, pousado no alto dun reactor 747, camiño do seu novo fogar. Os neoiorquinos e visitante da Gran Mazá poden visitar o transbordador espacial experimental no IIntrepid Sea, Air & Space Museum no West Side de Manhattan a partires do 19 de xulllo..

Texto orixinal no APOD.