A luz das estrelas

Créditos do vídeo e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias); Music: La Busqueda de Ianna (Epic Soul Factory)

Explicación: que é o que se move? Os vídeos do ceo en time lapse poden resultar espectaculares cando son longos de abondo para que as estrelas, os planetas, a aurora e as nubes semellen moverse en só uns segundos. Ilustrado enriba, con todo, o videoautor e astrónomo Daniel López non só ofrece varios inspiradores vídeos en time lapse do ceo nocturno, senon que mostra cómo emprega deslizadores e guindastres motorizados para mover as cámaras mesmas, creando unha emocionante e tridimensional sensación de profundidade. As secuencias de vídeo foron tomadas en Tenerife, nas Illas Canarias de España durante os pasados dous meses, e mostran escenas que inclúen as sombras do solpor aproximándose ao Observatorio do Tiede, a Vía Láctea xirando co ceo, os brillantes planetas Venus e os ronseis de Xúpiter xuntos, a Lúa vermella subindo ó través de diferentes capas de refracción atmosférica, os telescopios de raios gamma MAGIC xirando para obter unha nova fonte, e os obxectos en primeiro plano, como as plantas cónicas Echium wildpretii, as inusuáis formacións rochosas e unha araña movéndose pola súa tea. O vídeo conclúe mostrando o cinturón de Venus descendendo no Monte Teide durante a alborada.

Texto orixinal no APOD.