No centro da nebulosa Omega

Créditos da imaxe: NASA, H. Ford (JHU), G. Illingworth (UCSC/LO), M.Clampin (STScI), G. Hartig (STScI), ACS Science Team, and ESA

Explicación: nas profundidades das escuras nubes de poeira e gas molecular coñecidas como nebulosa Omega as estrelas continúan a se formaren. A imaxe superior procedente da Advanced Camera for Surveys [cámara avanzada de vixilancia] do Hubble Space Telescope mostra exquisitos detalles da famosa rexión de formación estelar. Os filamentos de poeira escura que atan o centro da Nebulosa Omega creáronse nas atmósferas das frías estrelas xigantes e nos restos procedentes das explosións das supernovas. Os tons vermellos e azuis xorden do gas incandescente quentado pola radiación das estrelas masivas das inmediacións. Os puntos de luz son as propias estrelas xoves, algunhas máis brillantes que 100 Soles. Os glóbulos escuros sinalan sistemas máis xoves ainda, nubes da gas e poeira que agora se están a condensar para formar estrelas e planetas. A nebulosa Omega dista preto de 5000 anos luz cara á constelación de Sagittarius. A rexión mostrada abrangue preto de 3000 veces o diámetro do noso Sistema Solar.

Texto orixinal no APOD.