Saída da Lúa chea

Créditos da imaxe e copyright: Robert Arn

Explicación: saíndo cando o solpor, a Lúa chea desta noite vai ser difícil de pasar por alto. Cabe destacar que a súa fase chea exacta (o 6 de maio ás 03:36 UT) acontecerá menos de dous minutos despois de acadar o perixeo, o punto máis cercano á Terra da órbita da Lúa, facéndose dese xeito a maior Lúa chea de 2012. A Lúa chea en perixeo aparentará ser preto do 14 por cento máis grande e o 30 por cento máis brillante que a Lúa chea preto do seu apoxeo, o punto máis distante no órbita elíptica da Lúa. En comparación, sen embargo, aparentará ser menos dun 1 por cento máis grande e case igual de brillante que a Lúa chea de abril, fotografada nesta imaxe, saíndo sobre as aforas de Fort Collins, Colorado, USA. Para esta lunación, a Lúa chea e o seu perixeo ocorrerán cunha diferenza de 21 horas. Por suposto, se te perdes a Lúa chea en perixeo de maio anótao no calendario: a túa próxima oportunidade de ver a Lúa chea preto do perixeo será o vindeiro 23 de xuño.

Texto orixinal no APOD.