Epiciclos de Fermi: o camiño do Púlsar da Vela

Créditos: NASADOEInternational Fermi LAT Collaboration
Explicación: explorando o cosmos en enerxías extremas, o Telescopio Espacial de Raios Gamma Fermi orbita o planeta Terra cada 95 minutos. Polo seu deseño, abanea ao norte e despois ao sur en órbitas alternas co fin de explorar o ceo co seu Telescopio de Gran Área, Large Area Telescope (LAT). A sonda espacial tamén roda de xeito que os paneis solares se manteñen apuntando ao Sol para conseguir enerxía, e o eixe da súa órbita precesa coma un peón, facendo unha rotación completa unha vez cada 54 días. Coma resultado destes ciclos múltiples as traxectorias das fontes de raios gamma trazan patróns complexos desde a perspectiva da nave espacial, como esta gráfica enfeitizante da traxectoria do Púlsar da Vela. Centrado no campo de visión do instrumento LAT, a gráfica abarca 180 graos e segue a posición de Vela desde agosto de 2008 ata agosto de 2010. A concentración preto do centro amosa que Vela estaba na zona sensible do campo do LAT durante gran parte dese periodo. O Púlsar da Velanado coa explosión mortal dunha estrela masiva no interior da nosa galaxia Vía Láctea, é unha estrela de neutróns que xira 11 veces por segundo, vista coma a fonte persistente máis brillante do ceo en raios gamma.
Texto orixinal no APOD.