Créditos da imaxe: NASA/JPL/SSI; composición en cor: Daniel MachácekExplicación: aínda que as súas cores poden ser sutís, a lúa de Saturno Helena é un enigma en calquera luz. A
lúa fotografouse nun
detalle sen precedentes o pasado xuño mentres a
nave espacial robótica Cassini que orbita Saturno
se abateu a menos dun único diámetro da Terra sobre a
diminuta lúa. Aínda que
aparecen cráteres convencionais e outeiros, a
imaxe superior tamén
amosa terreo que parece estrañamente suave e listado. Os
astrónomos planetarios están a inspeccionar estas imaxes polo miúdo de
Helena para colleitar
pistas sobre a orixe e evolución do iceberg flotante de 30 km.
Helena é tamén estraña porque orbita a Saturno xusto por diante da gran lúa
Dione, facendo que sexa unha das catro lúas saturnianas coñecidas que ocupan un pozo gravitacional denominado
punto de Lagrange estable.
Texto orixinal no APOD.