O Bosón de Higgs explicado en banda deseñada

Créditos da ilustración e copyright: Jorge ChamPHD Comics
Explicación: qué é todo ese balbordo sobre o bosón de Higgs? A comunidade física anda alterada porque, unha partícula física agardada polo en gran parte exitoso Modelo Estándar da física de partículas, poida ser atopado cedo polo enorme Gran Colisor de Hadróns ou Large Hadron Collider (LHC) no CERN en Europa. O termo bosón refírese a unha clase de partícula fundamental con similitudes ao fotón, mentres que Higgs fai referencia a Peter Higgs, un físico que, entre outros, publicou unha investigación que predicía o mecanismo ao través do cal tal partícula podería actuar. A banda deseñada animada superior explica cun detalle impresionante non exento de humor por que se agarda o bosón de Higgs, e un método que o Gran Colisor de Hadróns está a empregar para atopalo. Aínda que algúns murmurios suxiren que xa se atoparon rastros preliminares do bosón de Higgs, incluso a non aparición desta estraña partícula abriría a porta a unha nova comprensión fundamental de como funciona o noso universo.

Texto orixinal no APOD.

N.T.: no primeiro comentario ofrécese unha tradución dos textos que aparecen na banda deseñada animada. Se en vez do vídeo superior, prefires miralo páxina a páxina, entra na web PHD Comics e coloca o texto traducido ao carón, para non te perderes.