Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA
Explicación: Non, non están vivas, pero están a morrer. As inusuais burbullas atopadas na nebulosa Carina, algunhas das cales óllanse flotando enriba á dereita, poderían ser descritas mellor como evaporándose. Luz enerxética e vento procedente das estrelas cercanas están esnaquizando os escuros grans de poeira que fan opacas ás icónicas formas. Irónicamente, as gotas, coñecidas por outra banda como nubes moleculares escuras, con frecuencia crean no seu seo as mesmas estrelas que logo as destrúen. Os montes flotantes ilustrados enriba dende a órbita do Hubble Space Telescope abrangue uns cantos meses-luz. A Gran nebulosa de Carina mesma abrangue preto de 30 anos luz e queda a uns 7.500 anos luz de distancia, e pode ollarse con un pequeno telescopio en dirección da constelación da Quilla (Carina).