Dunas de area de tipo barxán fluíndo en Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: cando actúa Marte coma un líquido? Se ben os líquidos conxélanse e evapóranse rápidamente na delgada atmósfera de Marte os ventos constantes poden facer que grandes dunas de area semellen fluir e mesmo escorrer coma un líquido. Visible na imaxe de enriba, á dereita, hai dúas altas mesas* planas localizadas no sur de Marte cando a estación está cambiando da primaveira ao verán. É tamén visible unha cúpula de luz rematando un outeiro á esquerda da imaxe. Como os ventos soplan de dereita á esquerda a area que flúe nas colinas e ao seu redor deixa unhas pintorescas raias. As escuras gotas con forma de arco chámanse barxáns, e son os curmáns interplanetarios das formas de areas similares que atópanse na Terra. Os barxáns poden moverse sen cambiar de forma na dirección do vento e incluso pasar un ao través do outro. Cando as estacións cambian os ventos marcianos poden levantar poeira e son monitorizados para ollar se se convirten noutra das famosas tormentas marcianas de area a escala planetaria.

*[N. do t: en portugués ou castelán no orixinal, unha mesa en xeomorfoloxía é un cumio plano rematados en cantís abruptos.]

Texto orixinal no APOD.