3 ATs

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (ESO)

Explicación: a pesar da súa semellanza con R2D2, estes tres non son os robots que estás a procurar. Son as construccións que albergan os Telescopios Auxiliares (ATs) de 1,8 metros do Observatorio do Paranal na Rexión chilena do Deserto de Atacama. Os ATs están deseñados para ser empregados para interferometría, unha técnica para conseguir observacións en resolución extremadamente alta en sincronía coas unidades do Very Large Telescope de 8 metros. Están operativos un total de catro ATs, cada un deles equipado con un transportador que move o telescopio ao longo dunha pista permitindo diferentes despregamentos coas unidades de telescopios máis grandes. Para traballar como un interferómetro a luz procedente de cada telescopio é conducida a un punto focal por un sistema de espellos nos túneles do seu interior. Sobre os tres ATs, as Nubes de Magallanes (Grande e Pequena) son as lonxanas galaxias satélites da nosa propia Vía Láctea. Nos despexados e, polo demáis, escuros ceos do Sur, a verdecente atmósfera do planeta Terra resplandece estirándose ao longo do horizonte.

Texto orixinal no APOD.