M57: a Nebulosa do Anel

Créditos: Datos da Imaxe Composta – Telescopio Subaru (NAOJ), Hubble Legacy Archive;
Procesado e fotografías adicionais – Robert Gendler
Explicación: agás polos aneis de Saturno, a Nebulosa do Anel (M57) é probablemente a cinta celeste más famosa. A súa aparencia clásica compréndese como debida á perspectiva; vista desde o planeta Terra mira cara abaixo do centro dunha nube de gas brillante con forma similar a un bocoi. Pero nesta composición fascinante de imaxes de telescopios terrestres xunto coas do Telescopio Espacial Hubble e datos de imaxes de banda estreira do Subaru, obsérvase como as extensas estruturas crechas se espallan moito máis alá das familiares zonas centrais da Nebulosa do Anel . Por suposto, neste exemplo ben estudiado dunha nebulosa planetaria, o material brillante non provén dos planetas. En vez diso, a envoltura gaseosa representa as capas máis externas expulsadas por unha estrela de tipo solar moribunda no centro da nebulosa. A potente luz ultravioleta da quente estrela central ioniza átomos do gas. Os átomos de osíxeno ionizados producen o característico brillo verdello e o hidróxeno ionizado a prominente emisión vermella. O anel central da Nebulosa do Anel ten máis ou menos un ano luz de diámetro e está a 2.000 anos luz de distancia. Brilla na constelación setentrional da Lira, para acompañar o tiroteo de estrelas desta noite.
Texto orixinal no APOD.