O Discovery parte


Créditos da imaxe e copyrightBen Cooper (Launch Photography)
Explicación: ascendendo aos ceos anubrados, o Transbordador Orbital Espacial Discovery (OV-103) despegou desde o Centro Espacial Kennedy o martes ás 7 am hora local. Desta volta, na súa partida final desde o KSC montou no alto dun Boeing 747 Avión Cargueiro do Transbordador Boeing 747 transformado. Seguindo un desfile aéreo de despedida pola Space Coast (Costa Espacial), o Centro de Voo Espacial Goddard e Washington DC, o Discovery puxo camiño ao Aeroporto Internacional Dulles de Virginia, destinado a residir no Centro Udvar-Hazy do Museo Nacional Smithsonian do Aire e o Espazo. O Discovery xubílase como o transbordador orbital da NASA que máis viaxou, cubrindo máis de 148 millóns de millas (238 millóns de quilómetros) en 39 misións que incluíron o envío do Telescopio Espacial Hubble á órbita. Operativo desde 1984 ata 2011, o Discovery pasou un total de un ano no espazo.
Texto orixinal no APOD.