Antares e nubes

Créditos da imaxe e copyrightIvan Eder
Explicación: Antares é unha estrela enorme. Dunha clase denominada superxigante vermella, Antares ten unhas 850 veces o diámetro do noso propio Sol, é 15 veces máis masiva e 10.000 veces máis brillante. Antares é a estrela más brillante da constelación do Escorpión e unha das estrelas máis brillantes de todo o ceo nocturno. Localizada a uns 550 anos luz de distancia, Antares óllase á esquerda rodeada por unha nebulosa amarelenta de gas que expulsou ela mesma. A radiación procedente da compañeira estelar azul de Antares axuda a facer que o gas nebular brille. Lonxe e por detrás de Antares na imaxe superior está a nube do cúmulo globular M4, mentres a estrela brillante da dereita é Al Niyat.

Texto orixinal no APOD.