A nebulosa da Aguia dende Kitt Peak

Créditos da imaxe: T. A. Rector & B. A. Wolpa, NOAO, AURA

Explicación: dende lonxe parece unha Aguia. Unha ollada de preto á nebulosa da Aguia mostra, sen embargo, que a rexión brillante é realmente unha fiestra no centro dunha escura cuncha de poeira. A través desa ventá aparece un obradoiro brillante onde un cúmulo aberto de tipo estelar se está a formar. Nesa cavidade hai altos piares e glóbulos redondos de poeira escura e gas molecular que acompañan á formación de estrelas. Tamén se poden ollar algunhas xoves e brillantes estrelas azuis cuxa luz e ventos queiman e empurran  os restos de filamentos e muros de gas e poeira. A nebulosa de emisión da Aguia, clasificada como M16, queda a 6.500 anos luz, abrangue preto de 20 anos luz e é visible con prismáticos cara á constelación da Serpe (Serpens). Esta fotografía combina tres cores específicas de emisión e foi tirada polo telescopio de 0,9 metros de Kitt Peak (Arizona – Estados Unidos).

Texto orixinal no APOD.