Fata Morgana: un posible espellismo para o Titanic

Créditos da imaxe e copyright: Mila Zinkova

Explicación: podería unha miraxe como esta facer afundir o Titanic? O fenómeno óptico chamado Fata Morgana pode crear estrañas formas ou unha falsa parede de auga aparecendo sobre un horizonte de auga. Cando as condicións son as adecuadas a luz reflectida na auga fría virará por causa dunha capa de ar quente ata chegar ao observador dende diferentes ángulos. Unha miraxe conceptualmente equivalente pode facer que un solpor aparente sexa estrañamente distorsionado ou que un distante pavemento semelle húmido. Hai cen anos unha miraxe como a Fata Morgana podería ter ocultado os icebergs á tripulación a bordo do Titanic. As evidencias adicionais desta hipótese da distorsión argúense a partir do navío SS Californian, dende o cal se informou de avistamentos de miraxes tipo Fata Morgana. A miraxe Fata Morgana de eniba foi tirada dende a ribeira do Pacífico estadounidense en 2008.

Texto orixinal no APOD.