Seis lúas de Saturno

Créditos da imaxe e copyright: Rafael Defavari

Explicación: cantas lúas ten Saturno? Ata agora foron descubertas 62, a máis pequena dunha fracción de un kilómetro de diámetro. Seis dos máis grandes satélites pódense ollar aquí, nun ben definido retrato da familia saturnal tirado o 9 de marzo. Mías grande que a Lúa da Terra e mesmo lixeiramente maior que Mercurio, Titán ten un diámetro de 5.150 kilómetros e da comenzo á formación na parte inferior dereita. Continuando á dereita do encadre están Mimas, Tetis, [Saturn], Encédalo, Dione, e Rea no extremo da dereita. O primeiro satélite coñecido de Saturno, Titán, foi descuberto en 1655 polo astrónomo holandés Christiaan Huygens, mentres que o máis recente, designado provisionalmente como S/2009 S1, foi atopado polo Cassini Imaging Science Team en 2009. Hoxe Saturno acada a oposición no ceo do planerta Terra, ofrecendo unha excelente vista telescópica do planeta dos aneis e das lúas.

Texto orixinal no APOD.