Un diaño de po marciano

 
Créditos: HiRISEMROLPL (U. Arizona)NASA
Explicación: estaba ben adentrada a primavera marciana setentrional cando a cámara HiRISE a bordo do Orbitador de Recoñecemento de Marte (Mars Reconnaissance Orbiteraxexou a este cidadán local. Seguindo a pista ao sur e leste (abaixo e dereita) ao través da chaira cuberta de po de Amazonis Planitia, o núcleo do diaño xiratorio de po ten uns 30 metros de diámetro. Enviando po á fina atmosfera marciana, o seu penacho acada máis de 800 metros por riba da superficie. Sen seguir o camiño do diaño de po, o penacho é empurrado cara o leste por un vento do oeste. Os diaños de po, comúns nesta rexión, acontecen cando a superficie é quecida polo Sol, xerando correntes de aire mornas que se elevan e comezan a rotar. As velocidades tanxenciais do vento chegan ata 110 quilómetros por hora como se informou sobre os diaños de po noutras imaxes da HiRISE.

Texto orixinal no APOD.