Estrelas azuis retardadas no cúmulo globular M53

Créditos da imaxe: ESA/Hubble, NASA

Explicación: se o noso Sol fose parte de M53 o ceo nocturno brillaría como un xoieiro de resplandecentes estrelas. M53, tamén coñecida como NGC 5024, é un dos 250 cúmulos globulares que sobrevivne na nosa galaxia. A maior parte das estrelas de M53 son máis vellas e vermellas que o noso Sol, pero algunhas estrelas enigmáticas semellan ser máis azuis e xoves. Esas xoves estrelas poderían contradecir a hipótese de que todas as estrelas de M53 formáronse máis ou menos ao mesmo tempo. Esas estrelas inusuais son coñecidas como azuis retardadas e son normais en M53. Tras moitos debates, pénsase agora que as azuis retardadas son estrelas anovadas por materia fresca caída dende unha estrela binaria compañeira. Analizando fotografías de cúmulos globulares como o da imaxe de enriba tomada polo Hubble Space Telescope, os astrónomos empregan a abundancia de estrelas como as azuis retardadas para axudar a determinar a idade do cúmulo globular e de ahí un límite á idade do universo. M53, visible con uns binoculares dirixidos á constelación da cabeleira de Berenice (Coma Berenices) contén máis de 250.000 estrelas é un dos cúmulos globulares máis alonzados do centro da nosa galaxia.

Texto orixinal no APOD.