Tungurahua erupciona

Créditos da imaxe e copyright: Patrick Taschler

Explicación: o volcán Tungurahua erupciona ás veces de xeito espectacular. Fotografada enriba, a rocha fundida a gran temperatura brilla de xeito visible e derrámase pola ladeira dos 5.000 metros de altura do Tungurahua, mentres unha nube de cinza escura está sendo exectada cara á esquerda. Tenues nubes brancas flúen aorredor do cumio de lava luminosa, mentres un ceo estrelado brilla na distancia. A imaxe superior foi tirada en 2006 e as cinzas caíron ao redor do atrevido fotógrafo. Localizado en Ecuador, o Tungurahua volta a estar activo cada aproximadamente 90 anos dende hai 1.300 anos.

Texto orixinal no APOD.