O pai acouga Omicron Ceti

Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)

Explicación: os omicroncetianos foron silenciados. Despois de que se lle informara de que uns mounstros alieníxenas molestaran o sono da súa filla durante catro noites seguidas, este pai entrou en acción. Ao ser preguntada por fin, a filla indicou que o barullo parecía vir dun sistema planetario soando posiblemente como “Omicron Ceti”. Indo á raíz do problema o pai sacou fora á súa filla e empregaron un poderoso láser para explotar o fogar dos alieníxenas. the alien’s home world. O chiste está en que agora a estrela Omicron Ceti móstrase inestable e está incrementando de xeito espectacular o seu brillo. Os colegas do APOD deséxalles un feliz April Fool’s Day*. En realidade, a estrela sinalada é Mira, unha coñecida estrela variable que se espera que acade o seu máximo brillo ao final de agosto. O pai en cuestión está realmente sinalando á súa filla a estrela que comparte o seu nome.

(N. do T.: O April Fool’s Day é o equivalente, nalgúns países, ao Día dos Santos Inocentes, no que se fan bromas e enganos.)

Texto orixinal no APOD.