Alborada sobre Raufarhöfn

Créditos da imaxe e copyright: Stephane Vetter (Nuits sacrees)

Explicación: todo estaba aliñado incluso sen a colorida aurora explosionando no máis alto. Se vostede segue dende este punto de vista a liña dos vértices dos monumentos do Arctic Henge*, recentemente desenvolvidos en Raufarhöfn no norte de Islandia, ollará que apuntan exactamente ao norte. Ou millor dito, seguindo as liñas dos cumios cara a liña que forman as dúas últimas estrelas do Setestrelo, Merak e Dubhe, en dirección a Polaris, a brillante estrela preto do eixo de xiro norte da Terra proxectado no ceo. Polo seu deseño, dende este ventaxoso punto, a mesma liña dos vértices apunta directamente ao Sol de medianoite no seu punto máis alto durante o solsticio de verano do hemisferio norte terrestre. Noutras palabras, o Sol non se poñerá no Arctic Henge durante o solsticio a finais de xuño, e o seu punto máis alto no ceo aparecerá xusto enriba dos vértices aliñados deste monumento moderno. A imaxe de enriba foi tomada o pasado marzo durante unha fermosa tormenta auroral.

* N. do t: Arctic Henge é un nome construido a partir do término arquitectónico henge, que aparece, por exemplo, no nome do famoso monumento prehistórico Stonehenge.

Texto orixinal no APOD.