O Grande Canón no luar


Créditos da imaxe e copyrightMalcolm Park (North York Astronomical Association)
Explicación: nesta atraínte paisaxe nocturna gravada o 26 de marzo, unha yLúa moza vixila no afastado horizonte occidental en conxunción cobrillante planeta Venus. No primeiro plano, o Río Colorado refulxe no luar mentres flúe ao través do Grande Canón, visto desde a beira meridional do canón en Lipan Point. Por suposto, o Grande Canón é coñecido como unha das marabillas do planeta Terra. Esculpido polo río, a enorme fisura ten unhas 270 millas (440 quilómetros) de longo, ata 18 millas (30 quilómetros) de ancho e acada 1 milla (1,8 quilómetro) de fondo. Nesta data, as marabillas do ceo nocturno incluían os cúmulos estelares das compactas Pléiades e as Híades con forma de V penduradas xusto por riba da Lúa. O brillante planeta Xúpiter está por baixo da parella achegada Lúa/Venus, preto do horizonte occidental.

Texto orixinal no APOD.