Luz cincenta e Venus sobre a Serra de Guadarrama

Créditos da imaxe: Daniel Fernández (DANIKXT)
Explicación: que hai xusto por riba da crista do monte? A Lúa. Máis en concreto, a Lúa da Terra captada xusto por riba do horizonte en fase crecente. A familiar Lúa podería parecer un pouco estraña xa que a imaxe amosa unha cantidade de luz cincenta significativa; a iluminación da parte agochada da Lúa pola luz solar directa reflectida desde a Terra. Na imaxe tamén se capturou ao brillante planeta Venus á dereita. Venus e Xúpiter movéronse a só tres graos de distancia entre eles a semana pasada durante unha conxunción planetaria fotoxénica. A fotografía superior tomouse hai dous días preto de Madrid (España). A silueta do horizonte en primeiro plano inclúe algúns dos Sete Cumios da Serra de Guadarrama. Só uns poucos minutos tras realizar esta imaxe a Lúa púxose.

Texto orixinal no APOD.