A galaxia espiral barrada NGC 1300

Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team, ESA, NASA

Explicación: a grande e fermosa galaxia espiral barrada NGC 1300 dista preto de 70 millóns de anos luz nas marxes da constelación Eridanus. Esta imaxe composta do universo illa* procedente do Telescopio Espacial Hubble é unha das máis grandes imaxes feitas dunha galaxia completa. A NGC 1300 abrangue preto de 100.000 anos luz e a imaxe do Hubble revela sorprendentes detalles da barra central dominante da galaxia e os seus maxestuosos brazos espirais. De feito, unha inspección ao detalle do núcleo mesmo desta clásica espiral barrada mostra unha destacada estructura espiral de preto de 3.000 anos luz. A diferenza de outras galaxias espirais, incluída a nosa Vía Láctea, a NGC 1300 non é coñecida por ter un masivo burato negro central.

*Universo illa: antiga denominación das galaxias.

Texto orixinal no APOD.