A Lúa nova nos brazos da Lúa vella

Créditos da imaxe e copyright: M. Taha Ghouchkanlu

Explicación: tamén coñecido como luz cincenta da Lúa*, o resplandor terrestre é a luz da Terra iluminando a cara escura da Lúa. Tirada en Nowruz, no equinocio do 20 de marzo, dende Esfahan, Irán, planeta Terra, esta imaxe telescópica captura o resplandor da Terra na Lúa nova. O disco máis escuro iluminado pola terra atópase nos brazos dun crecente iluminado polo brillante Sol. Pero a visión dende a Lúa sería tamén encantadora. Cando a Lúa aparece no ceo terrestre como un delgado crecente pódese ollar dende a superficie da Lúa unha abraiante e brillante Terra case chea. É coñecida a forte influencia que ten a cuberta nubosa no reflexo terrestre da luz solar. Unha descrición en termos de luz solar reflexada polos océanos terrestres iluminando á súa vez a cara escura da Lúa foi descrita hai 500 anos por Leonardo da Vinci.

*N. do T: a expresión habitual no noso entorno cultural para describir ese fenómeno astronómico é luz cincenta.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “A Lúa nova nos brazos da Lúa vella

  1. Fixen algunha modificación a posteriori do texto para corrixir algunha palabrilla mal traducida, copieteando do versión española.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.