Primeiro plano de M9


Créditos: ESA/HubbleNASA
Explicación: o afamado astrónomo do século XVIII Charles Messier describiu esta novena entrada do seu famoso catálogo astronómico como “Nebulosa, sen estrela, na perna dereita de Ofiuco…”. Pero Messier 9 (M9) si que ten estrelas, coñecido polos astrónomos modernos coma un cúmulo globular dunhas 300.000 estrelas cun diámetro duns 90 anos luz. Atópase a uns 25.000 anos luz de distancia, preto do bulbo central da nosa galaxia Vía Láctea. Este primeiro plano do Telescopio Espacial Hubble resolve o denso enxame de estrelas ao través dos 25 anos luz do centro do cúmulo. As estrelas, con polo menos o dobre da idade do Sol e deficientes en elementos pesados, teñen cores correspondentes ás súas temperaturas; as estrelas avermelladas son máis frías, as estrelas azuis son máis quentes. Moitas das estrelas rxigantes vermellas e frías do cúmulo amosan un tinguido amarelado na definida imaxe do Hubble.

Texto orixinal no APOD.