Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias)Explicación: se ves un ceo coma este; tíralle unha fotografía. Hai tres noites en
Islandia, un fotógrafo
aventureiro (na imaxe) topouse por casualidade cun
ceo cheo de auroras e fixo precisamente iso. De seguido, mediante a unión de cinco fotografías máis pequenas, recreou o ceo completo alumeado pola aurora nesta panorámica de 180 graos tirada desde o
glaciar Vatnajökull. As
auroras desencadéanse por
partículas enerxéticas procedentes do
Sol que impactan na
envoltura magnética ao redor da Terra. As partículas enerxéticas resultantes tales como
electróns e
protóns choven a chuzos preto dos polos da Terra e chocan contra o aire. As moléculas de
aire impactadas obteñen electróns excitados e, cando os electróns das
moléculas de osíxeno voltan ao seu estado fundamental, emiten luz
verde. Sábese que as
auroras teñen moitas
formas e
cores.
Texto orixinal no APOD.