A evolución da Lúa

Créditos do vídeo: LROSVCNASA
Explicación: cal é a historia da Lúa? Probablemente a Lúa se formou a partires dos restos expulsados cando un obxecto do tamaño de Marte impactou con violencia na Terra hai uns 4,5 mil millóns de anos. Xusto despois de condensarse gravitacionalmente, como se amosa máis enriba, a superficie quente e brillan de Lúa arrefriou e crebou. As rocas grandes e pequenas continuaron a impactar na superficie, incluíndo un impacto particularmente grande que creou a Cunca Aitken hai uns 4,3 mil millóns de anos. De seguido, continuou un período de Bombardeo Pesado durante centenares de millóns de anos, creando grandes cuncas por toda a superficie lunar. Durante os seguintes miles de millóns de anos a lava fluíu ao interior das cuncas da cara visible desde a Terra, arrefriando finalmente nos mares escuros que vemos hoxe. Coma sempre, continuaron os impactos sen cesar, formando os cráteres que vemos hoxe, diminuíndo lentamente durante os últimos mil millóns de anos. Hoxe a Lúa arrefriada que coñecemos e amamos é tan escura como o carbón e mantén sempre a mesma faciana cara a Terra. Como se formou a Lúa inicialmente e por que os mares lunares só están no lado da Terra segue a ser unha materia activa de investigación.

Texto orixinal no APOD.