O grupo de manchas solares 1429 e o distante Sol

Créditos da imaxe e copyright: Juan Manuel Pérez Rayego

Explicación: que é iso no Sol? Unha das rexións de manchas solares máis enerxéticas dos anos recentes cruzou a cara do Sol nas pasadas dúas semanas. A rexión activa 1429, visible enriba como un grupo de manchas escuras na parte superior dereita do Sol, emitiu varias labaradas solares e execcións de masa coronal dende que chegou ao bordo do Sol hai case un mes. As rápidas partículas procedentes desas explosións solares impactaron na terra e foron as responsables de moitas auroras cheas de cor que se ollaron nas pasadas dúas semanas. O pintoresco encadre mostra paxaros e árbores preto de Mérida, España, onde foi tirada a fotografía hai unha semana. Ainda que a AR 1429 continuou rotando cara á dereita ao redor do limbo solar (tal e como se olla dende a Terra) o monitoreo da rexión continuará a ser feito por un dos satélites STEREO que se atopa orbitando o Sol ben por diante respecto da Terra.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “O grupo de manchas solares 1429 e o distante Sol

  1. Vaia… o que eu levo dicindo estas últimas semanas, e facendo. Cando vexo nubes por diante do Sol ou brétemas, sempre boto un olliño por se acaso coincide que se vexan manchas a simple vista. Ao longo deste ano, o próximo e o seguinte, é posible que algunha se dea albiscado. De feito, seica hai constancia de informes de detección de manchas solares por parte de astrónomos chineses, en épocas a. C. A única explicación posible, dado que non tiñas medios ópticos de aumento, é que as ollaran coincidindo con nubes ou brétemas.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.