O grupo de manchas solares 1429 e o distante Sol

Créditos da imaxe e copyright: Juan Manuel Pérez Rayego

Explicación: que é iso no Sol? Unha das rexións de manchas solares máis enerxéticas dos anos recentes cruzou a cara do Sol nas pasadas dúas semanas. A rexión activa 1429, visible enriba como un grupo de manchas escuras na parte superior dereita do Sol, emitiu varias labaradas solares e execcións de masa coronal dende que chegou ao bordo do Sol hai case un mes. As rápidas partículas procedentes desas explosións solares impactaron na terra e foron as responsables de moitas auroras cheas de cor que se ollaron nas pasadas dúas semanas. O pintoresco encadre mostra paxaros e árbores preto de Mérida, España, onde foi tirada a fotografía hai unha semana. Ainda que a AR 1429 continuou rotando cara á dereita ao redor do limbo solar (tal e como se olla dende a Terra) o monitoreo da rexión continuará a ser feito por un dos satélites STEREO que se atopa orbitando o Sol ben por diante respecto da Terra.

Texto orixinal no APOD.