Xúpiter e Venus dende a Terra

Image Credit: Marek Nikoden (PPSAE)

Explicación: Foi visible dende todo o planeta. A conxunción ao solpor de Xúpiter e Venus foi visible a semana pasada con independencia do sitio no que viviras na Terra. Calquera no planeta cun horizonte claro ao solpor foi quen de ollalos na tardiña. Esta semana os dous planetas seguen a ser notables, pero Xúpiter afundiuse por embaixo do brillante Venus. Máis enriba pódese tamén ollar Marte. A fotografía foi feita a semana pasada por un creativo fotógrafo que, alonxándose das luces da cidade de Szubin (Polonia), conseguiu tomar unha aproximación case máxima entre os dous planetas. Os dous planetas atopábanse separados só por tres graos mentres a súa fillla chamaba a atención con unha pose humorística. Un feble solpor aínda reslpandecía ao fondo. Esta conxunción entre Venus e Xúpiter está xa rematando, pero o vindeiro maio producirase outra.

Texto orixinal no APOD.