Planetas brillantes no Telescopio Solar McMath-Pierce

Créditos da imaxe: Mike Line (Caltech), Ed Mierkiewicz (Univ. Wisconsin-Madison), Ron Oliversen (NASA-GSFC)
Explicación: os brillantes planetas Venus e Xúpiter están enmarcados polo Telescopio Solar McMath-Pierce do Observatorio Solar Nacional nesta escena moi astronómica. A foto tomouse no Observatorio Nacional Kitt Peak o 9 de marzo. Un heliostato sitúase no cumio da torre solar a unha altura de 100 pés (33 metros) para enfocar os raios do Sol cara abaixo por un longo pozo diagonal que chega ata o espello primario do telescopio no subsolo. Naturalmente, tralo solpor proxéctanse as sombras e a estrutura ilumínase polo luar dunha Lúa que se ergue case chea. A cúpula que alberga o reflector de 2,1 metros do Kitt Peak, inclúese no cadro, mentres que o cúmulo estelar das Pléiades brilla por riba da torra do heliostato. O anguloso McMath-Pierce entrou en servizo hai 50 anos para estudiar o Sol, pero tamén fixo moitas observacións destes dous planetas brillantes. Nesta noite estivo a realizar observacións de ións de sodio na tenue atmosfera lunar.

Texto orixinal no APOD.