“Angry Sun” en erupción


Créditos da imaxe e copyright: Alan Friedman (Averted Imagination)
Explicación: é unha das peores rexións de manchas solares en anos. A Rexión Activa 1429 que, para algúns, pode parecer un angry bird, guindou ao exterior algunhas das máis potentes labaradas e execcións de masa coronal do ciclo solar actual. Os enormes penachos procedentes destas explosións incluso fixeron chover partículas na magnetosfera da Terra que deron como resultado unhas auroras cheas de cor. Na fotografía superior, AR 1429 foi captada en grande detalle na cromosfera do Sol hai tres días aillando unha cor de luz emitida principalmente polo hidróxeno. A imaxe resultante amósase en falsa cor invertida de feito que as zonas escuras son as máis brillantes e máis quentes. Os xigantes tubos de gas quente magneticamente canalizados, algúns máis grandes cá Terra, denomínanse espículas e poden verse alfombrando a cromosfera. O gabián de luz xusto por riba de AR 1429 é un filamento frío que axexa xusto por riba da región activa de manchas solares. Mentres o máximo solar se aproxima nos próximos anos, o campo magnético do Sol, cada vez máis enrolado e retorto, pode crear rexións activas aínda máis furiosas que píen sopros incluso máis enerxéticos de plasma solar cara o interior do noso Sistema Solar.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre ““Angry Sun” en erupción

  1. “Angry Sun” fai referencia ao xogo para teléfonos móbiles “Angry Birds”. Son cousas dos editores do APOD que cando se poñen metafóricos os textos hainos que ler en clave (e para traducilos hai que ter estudos XD ). Por certo, que a ligazón que hai baixo o termo “angry birds” son dúas diferentes, unha para cada palabra. Para que non vos perdades nada.

    E temos ao noso Sol xa chegando a un momento que case calquera día nos ofrece o seu espectáculo de actividade, erupcións, manchas e expulsións de materia. Boa ocasión estes anos do máximo para estudialo ao fondo, cos tres satélites que o están a axexar continuamente: o SOHO e os dous STEREO.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.