
Créditos da imaxe e copyright: Alan Friedman (Averted Imagination)Explicación: é unha das
peores rexións de manchas solares en anos. A Rexión Activa 1429 que, para algúns, pode parecer un
angry bird, guindou ao exterior algunhas das máis
potentes labaradas e
execcións de masa coronal do
ciclo solar actual. Os enormes penachos procedentes destas explosións incluso fixeron chover partículas na magnetosfera da Terra que deron como resultado unhas
auroras cheas de cor. Na
fotografía superior, AR 1429 foi captada en grande detalle na cromosfera do Sol hai tres días aillando unha
cor de luz emitida principalmente polo hidróxeno. A imaxe resultante amósase en falsa cor invertida de feito que as zonas escuras son as máis brillantes e máis quentes. Os xigantes
tubos de gas quente magneticamente canalizados, algúns máis grandes cá Terra, denomínanse
espículas e poden verse
alfombrando a cromosfera. O gabián de luz xusto por riba de
AR 1429 é un
filamento frío que axexa xusto por riba da región activa de manchas solares. Mentres o
máximo solar se aproxima nos próximos anos, o campo magnético do Sol, cada vez máis enrolado e retorto, pode crear rexións activas aínda máis
furiosas que píen
sopros incluso máis enerxéticos de plasma solar cara o interior do noso Sistema Solar.
Texto orixinal no APOD.