O grupo de galaxias M81 ao través da nebulosa de fluxo integrado

Créditos da imaxe e copyright: Nicolás Villegas
Explicación: galaxias grandes e nebulosas febles resaltan esta imaxe profunda do Grupo M81 de galaxias. A primeira e máis destacada na exposición panorámica de 12 horas é a galaxia de gran deseño espiral denominada M81, a galaxia máis grande visible na imaxe. M81 está a interaccionar gravitacionalmente con M82 xusto por tras dela, unha gran galaxia cun estraño halo de gas filamentoso brillante en vermello. Ao redor da imaxe poden ollarse moitas outras galaxias do grupo M81, así como a afortunada faísca dun satélite a fume de carozo pola esquerda da imaxe. Xunto con outras xuntanzas de galaxias que inclúen ao noso Grupo Local e o Cúmulo Virgo de galaxias, o Grupo M81 é parte do enorme Supercúmulo Virgo de Galaxias. Esta completa mestura galáctica óllase ao través do brillo tenue dunha nebulosa de flujo integrado, un complexo pouco estudado de gas difuso e nubes de po na nosa Galaxia Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.