Luar dende o observatorio Lick

Créditos da imaxe e copyright: Rick Baldridge

como se pode ollar dende este ben escollido lugar durante o solpor, o 7 de marzo saiu unha fermosa Lúa chea tras o monte Hamilton, no leste de San José, California. O disco da Lúa enmarca o histórico Observatorio Lick, pousado no cumio da montaña de 1.280 metros. Ambos os dous, o observatorio e a Lúa, fanse eco da cálida cor da luz solar (a luz da Lúa reflicte a luz do Sol) filtrada durante o longo camiño ao través da atmósfera. A importante refracción atmosférica contribúe a formar o bordo verdecente e irregular da Lúa. A Lúa chea de marzo coñécese tamén como a Lúa do verme. Nesta fotografía telescópica a cúpula de 40 polgadas [1 metro] do telescopio Nickel atópase á esquerda. A gran cúpula do edificio da dereita contén o refractor Gran Lick de 36 polgadas [0,9 metros].

Texto orixinal no APOD.