Créditos da imaxe e copyright: Harel Boren Explicación unha ampla extensión de gas brillante e po presenta unha faciana con forma de paxaro para os astrónomos
do planeta Terra, suxerindo o seu popular alcume; a Nebulosa Gaivota.
Este retrato do paxaro cósmico cobre unha franxa con 1,6 graos de ancho ao través da Vía Láctea,
preto da dirección de Sirius, a estrela alfa da constelación Canis Major. Naturalmente, a rexión inclúe obxectos con outras
denominacións de catálogo; en particular
NGC 2327, unha rexión de emisión poeirenta e compacta cunha estrela masiva incrustada que forma a cabeza do paxaro (alias a Nebulosa Loro, por riba do centro).
IC 2177 forma o amplo arco das ás da gaivota. Dominado polo
brillo avermellado do hidróxeno atómico, o complexo de gas e nubes de po con estrelas novas e brillantes abarca uns 100 anos luz a unha distancia estimada de 3.800 anos luz.
Texto orixinal no APOD.