Conxunción sobre a Illa Reunión

Créditos da imaxe e copyright: Luc Perrot
Explicación: non tes que ir á Illa Reunión para ollar a conxunción planetaria desta semana. Só se tamén queres ver esta pintoresca mariña. Para ver a conxunción desde case calquera lugar do mundo, mira ao oeste tralo solpor. O primeiro planeta do que podes decatarte é Venus, o obxecto máis brillante do ceo occidental. Por riba de Venus, o segundo obxecto máis brillante é Xúpiter. O planeta máis complicado de albiscar é Mercurio, que é visible só brevemente tralo solpor coma un punto feble xusto por riba do horizonte. As pintorescas rochas guían desde a Illa Reunión cara o Océano Índico que poboa o primeiro plano da imaxe superior. Tomada a semana pasada, os afastados planetas Venus e Xúpiter foron unidos por unha brillante Lúa crecente, que agora se arreda.

Texto orixinal no APOD.