NGC 2170: natureza morta celeste

 
Créditos da imaxe e copyright: Leonardo Julio e Carlos Milovic (Astronomía Pampeana)
Explicación: é isto un cadro ou unha fotografía? Nesta fermosa natureza morta celeste composta cun pincel cósmico, a nebulosa poeirenta NGC 2170 brilla preto do centro da imaxe. NGC 2170, que reflicte a luz de achegadas estrelas quentes, está unida por outras nebulosas azuladas de reflexión, unha rexión vermella de emisión, moitas nebulosas de absorción escuras e un pano de coloridas estrelas. Como os obxectos comúns dos fogares que os pintores de naturezas mortas escollen a miúdo para os seus temas, as nubes de gas, o po e as estrelas quentes fotografadas enriba atópanse tamén xeralmente neste escenario; unha masiva nube molecular de formación estelar da constelación do Unicornio (Monoceros). A enorme nube molecularMon R2, está incriblemente preto, estimándose a só 2.400 anos luz ou así de distancia. Nesa distancia, este lenzo tería uns 60 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.